miércoles 4 de noviembre de 2009

Na calma, o mar...

Na calma, a choiva...

Caótica Ana...

Impredecible. Incapaz de sobrevivirme. Mátome a min mesma en cada instante. En cada golpe de infortunio. En cada verba incontrolable. Como incontrolables se tornan os arraigos. Vivo arraigada a unha vida que nunca me pertenceu. Non son dona de min mesma. Indescriptible. As bágoas apodéranse de min cando os sorrisos aínda non me abandoaron. Esas bágoas que me funden no máis escuro oucéano, para devolverme de novo á claridade da órbita estelar. E descubrir que ese astro magnético nos dirixe, nos ata, nos une e nos intensifica. E nos sen facer nada, deixámonos levar. E nunca chegamos a ningún lugar. As miñas viaxes sempre son curtas. Oxalá o fosen máis. Preciso non sentir. Ficar muda. Esvaerme tralos cristais, ser vao, ser mais eu, e menos ti. Resucitar.

lunes 2 de noviembre de 2009

Voltaron as choivas.

O mar, fuxindo do sentimento de culpabilidade, fainos cómplices do seu desacougo.

O mar ruxe cada noite, cada vez máis preto, cada vez.

O mar non fala, cuspe.

Voltaron as choivas. Meu amor.

lunes 26 de octubre de 2009

Esta noite esquecín pechar os ollos
Fiquei muda
E atopei por un momento
A esencia do mundo.

viernes 9 de octubre de 2009

Resistencia.














Para Alba, unha gran artista á que lle gusta a vida. E cághase no diñeiro.

Quixera ser tan alta como a Lúa...como a Lúa...

miércoles 30 de septiembre de 2009

Preciso apertas
Que me aten a este mundo...

jueves 24 de septiembre de 2009

Tódolos camiños levan a Roma.

martes 22 de septiembre de 2009

Undíadestes...